Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao uso responsable das TIC entre os nenos e á aposta de organizacións, empresas e institucións a prol dunha Internet segura.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
– Os internautas póñense serios coa protección aos animais – A Rede foi a grande protagonista da celebración do Día do Emprendedor en Santiago – INEO trasládalle ao goberno galego as súas propostas tecnolóxicas para superar a crise – Viaxar sen deixarse un ril polo camiño: cada vez máis posible grazas á Rede – Mareas de libros dun recanto a outro – Memoria Pixelada: a actualidade dos videoxogos contada dende o cerne de Galicia – As firmas galegas Velneo e R, recoñecidas como lugares ideais para traballar – Entrevista ao director de Plantillasweb.org – Diego Rosales fala sobre o mito de Cthulhu (Linux) – Escolma das últimas novidades en videoxogos
