Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentado en Santiago o Dicionario Galego das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentado en Santiago o Dicionario Galego das TIC

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dicionario_tic_presentacion.jpgA Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG-COETG) veñen de presentar en detalle a súa nova aposta por situar a nosa lingua nun emprazamento tecnolóxico acorde cos novos tempos dixitais, tanto os que nos atinxen hoxe como os que están por vir. Estamos a falar do primeiro Dicionario Galego das TIC (tamén chamado Digatic), iniciativa desenvolvida co apoio da Xunta de Galicia, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo (a través da ETSE de Telecomunicación) e que chegou hoxe á súa posta en longo oficial no Hotel Porta do Camiño de Santiago (malia estar dispoñible na Rede dende hai días).
Por certo que no acto de presentación fixeron acto de presenza (entre outros persoeiros da política, a tecnoloxía e a cultura galegas) o presidente e o director da AETG-COETG, Ramón Bermúdez de Castro e Ricardo Fernández (respectivamente); o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Cristóbal Varela e o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro.
O obxectivo principal do desenvolvemento do dicionario, informaron os responsables das ditas entidades, é o de crear un compendio documental de referencia que abranguese os termos e definicións conceptuais que expresa o eido da Sociedade da Información en Galicia, “pondo a disposición da comunidade tecnolóxica unha ampla bagaxe de léxico técnico que faga máis doado o emprego e a difusión da lingua propia dentro do dito eido”, subliñaron.
Como xa dixemos o outro día, o dicionario recolle máis de 4.000 termos do sector das telecomunicacións que xa poden ser consultados polos usuarios a través dunha web que se prevé a primeira versión en liña do proxecto (a idea é mantelo vivo, e actualizalo de xeito constante con novas feituras, contidos e servizos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?