Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede, mellor alternativa que o teléfono en Noitevella
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede, mellor alternativa que o teléfono en Noitevella

Raquel Noya
Publicado: 31/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

noitevella.jpgSe hai uns días era unha operadora catalana a que nos aconsellaba enviar as SMS de fin de ano un minuto antes da medianoite para non colapsar as liñas, desta volta é o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a entidade que nos fai chegar unha serie de recomendacións para que esta noite todo o mundo poida felicitarlle as festas con éxito ás persoas achegadas que teñen lonxe.
Este organismo, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, pretende, con esta acción, que os cidadáns e cidadás poidan dispoñer das redes en condicións óptimas, xa que, malia que as operadoras establecen “plans especiais de reforzo das liñas” nestas datas a demanda de comunicacións fai que todos os anos entre as 00:00 e as 02:00 horas do 1 de xaneiro, as redes telefónicas se saturen, polo que é primordial, aseguran, “que os cidadáns escalonen as súas chamadas”.
Daquela, para minimizar, na medida do posible, os efectos deste incremento do tráfico telefónico, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, vén de elaborar uns consellos prácticos que permiten mellorar a dispoñibilidade do servizo telefónico durante esas horas, que son os que seguen: – Realizar as chamadas antes das 00:00 horas para evitar a sobrecarga da rede no “momento crítico”, que vai dende as doce ata as dúas da mañá. – Reducir a duración das chamadas (este consello podemos convertilo en “universal” para que nos sirva para todo o ano). – Espaciar os reintentos de chamadas fallidas nun prazo razonable de tempo, deixando pasar uns minutos, e non realizar intentos de maneira sucesiva. – Empregar a alternativa de enviar mensaxes curtas con antelación suficiente ou preestablecer no móbil mensaxes con hora de entrega diferida. – Para as chamadas internacionais, e con motivo das diferencias horarias, axustarse ao horario de cambio de ano do país de destino. – Felicitar por correo electrónico ou empregar as redes sociais que existen en Internet. – Mandar mensaxes a móbiles a través de Internet. – Comprobar que non respondemos a unha mensaxe multimedia con outra MMS, se o que pretendemos enviar como resposta é unha mensaxe de texto (SMS).
Seguindo estas recomendacións e botando man da imaxinación, é moi seguro que esta noite poidamos felicitarlle o aninovo a todos cantos queremos, aínda que, se a xente non é solidaria e as liñas finalmente se colapsan, aínda teremos un ano enteiro para felicitar o 2010 sen excusas que valgan.
Dende Código Cero, para dar exemplo (e porque non temos o crédito suficiente no móbil para felicitarlle o ano a todas as persoas que queremos), aproveitamos estas liñas para facelo: Bo Nadal e Próspero Ano 2010.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?