Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Quotidiania Delirante, o cómic galego para o iPhone, galardoado nos Mestre Mateo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Quotidiania Delirante, o cómic galego para o iPhone, galardoado nos Mestre Mateo

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/04/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mestre_mateo_quotidiania.jpgA organización dos Premios Mestre Mateo 2009 (A Academia Galega do Audiovisual) fixo entrega onte dos seus galardóns, destinados a recoñecer aos profesionais da terra, nunha gala que tivo como escenario o Pazo da Cultura de Narón. Alén do éxito máis ou menos cantado de Cela 211, que foi obxecto de 10 premios (incluídos o de mellor filme e mellor actor para Luís Tosar), a cerimonia dos Mestre Mateo tamén se dirixiu a salientar as achegas tecnolóxico-dixitais dos galegos e galegas cara a apertura de novas canles de expresión e comunicación. É nesta liña na que se insire o recoñecemento a Quotidiania Delirante, iniciativa posta en marcha polas empresas Continental Producións e Costa Oeste Producións e da que xa falamos polo miúdo nesta mesma web, en boa medida para salientar a súa repercusión como proposta innovadora á hora de unir dous mundos ata o de agora escasamente mesturados: o das novas tecnoloxías e o do cómic.
A obra, que serviu de estrea a unha ferramenta-motor (iMotion Comic) para transformar viñetas a iPhone, contou tamén coas achegas de Paralaxe Multimedia, empresa ligada á USC que centrou o seu labor na simplificación dos aspectos tecnolóxicos para que o cómic Quotidiania Delirante chegase ao devandito aparello móbil, deixando (amais) o camiño aberto para futuras adaptacións semellantes.
itunes_quotidiania.jpgPor certo que detrás dos contidos mesmos da obra premiada atópase o recoñecido debuxante galego Miguelanxo Prado, responsable de subministrarlle á estrea do iMotion Comic aquilo sen o que non sería posible: unha historia. Noutras palabras: a obra Quotidiania Delirante, colección de historias curtas presentadas en diversas publicacións e que abriu con este chimpo ao dixital un novo camiño de promoción. Neste intre, tal como comentamos recentemente nesta páxina web, a proposta premiada xa vai aparecendo paseniño pero sen pausa na tenda App Store de Apple, onde (por certo) a primeira entrega da serie de Miguelanxo Prado resultou ser todo un éxito, e máis se temos en conta que foi quen de situarse entre os 10 libros de balde máis descargados no seo da dita plataforma. Así nolo confirmou Continental Games, empresa que amosou a súa satisfacción co seguimento que se está a facer da obra entre os seareiros. Como dixemos, a publicación fíxose posible grazas a un novo formato chamado iMotion Comic, un motor que no futuro podería pórse a disposición doutras obras, e todo indica (principalmente o éxito de Meigas, a primeira entrega de Quotidiania Delirante) que así será.
Por certo que entre as producións premiadas nos Mestre Mateo que abranguen tamén o mundo da innovación nas novas canles comunicativas atopamos tamén a peza O coidador de Gatos, obra de Artefacto que se fixo co recoñecemento á mellor curta de animación e que narra as vivencias dun personaxe chamado Mariano, residente nunha casa baleira en Pontevedra e representante dun dos colectivos máis ameazados dos espazos urbanos polas normativas que se impoñen: o da veciñanza que dá de comer aos gatos da rúa. A peza audiovisual, que ten música de Josh Rouse, foi dirixida por Fernando Cortizo, arestora mergullado (enfiando xa a recta final) na derradeira fase de rodaxe de O Apóstolo, longametraxe con tecnoloxía stock-motion centrada no Camiño de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?