Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arteixo Telecom aposta por ampliar o contacto co cliente coa súa nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arteixo Telecom aposta por ampliar o contacto co cliente coa súa nova web

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

arteixo_telecom_nova_web.jpgArteixo Telecom vén de remodelar a súa presenza na Rede, e faino co obxectivo de reforzar a finalidade primeira da mesma: a de establecer comunicación firme, completa e fluída con usuarios, colaboradores e provedores. A nova web, que segundo a empresa galega emprega a tecnoloxía “máis avanzada para acadar a excelencia en calidade e servizo ao cliente”, servirá tamén como porta de entrada á plataforma de xestión de proxectos implantada na compañía. Con esta plataforma, engaden fontes da empresa con sede nas Pontes, os clientes de Arteixo Telecom poderán levar a cabo un estreito seguimento, en tempo real e dende calquera recanto do mundo, dos proxectos en marcha. “Melloraranse así”, engade a firma, “a comunicación, a eficacia e os prazos de resposta”.
A ferramenta en cuestión, por certo, é froito da estratexia seguida por Arteixo Telecom a prol de ofrecer “os métodos de xestión máis avanzados, e supón un paso máis cara ao obxectivo da excelencia no servizo que pon a disposición dos seus clientes”.
A web xorde como consecuencia lóxica das novidades de innovación e de espallamento internacional anunciadas hai uns días pola empresa e reflectidas neste medio, novidades que tamén teñen que ver coa arela da máxima transparencia na información, de aí que se incrementaran os datos incluídos sobre as diferentes liñas de actividade da compañía, as súas instalacións, os sectores para os que fabrica equipamentos e sistemas e os produtos deseñados con tecnoloxía propia. No que atinxe á feitura mesma da páxina, sinalar que se poñen en xogo recursos audiovisuais, que segundo informa a compañía serven en boa medida para amosar “a súa potente infraestrutura industrial, salientando a capacidade para cubrir o ciclo completo do produto: deseño, desenvolvemento, industrialización, fabricación, control de calidade e servizo post-venda”.
Desta maneira explica Jacobo Penide, director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio, o obxectivo da web: “A posta en marcha do novo sitio é un paso máis na nosa política de impulsar o perfil innovador da compañía, o que nos servirá para reforzar a posición en sectores nos que somos líderes, como o ferroviario ou o sociosanitario e, amais, orientarnos cara a novos nichos de mercado, como a seguridade ou a eficacia enerxética para o fogar, o edificio intelixente, as comunicacións dixitais multimedia de alta capacidade e as solucións profesionais para operadores de telecomunicación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?