Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SITE reuniu na súa xornada sobre accesibilidade tecnolóxica a máis de 100 persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SITE reuniu na súa xornada sobre accesibilidade tecnolóxica a máis de 100 persoas

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/06/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

site_accesibilidade.jpgA Sala de Innovación da Fundación CEL (SITE) celebrou onte un encontro dirixido a pór de manifesto a necesidade de acadar unha Sociedade do Coñecemento ceibe de atrancos e universal. Máis polo miúdo, a sala emprazada en Lugo promoveu a xornada Tecnoloxía: Ferramenta para a integración, xuntanza inserida dentro do programa Proxecto EmprendeTIC 2010 e que contou co apoio de COGAMI en labores de organización. A xornada, que incluíu seis relatorios e demostracións prácticas de tecnoloxías adaptadas para usuarias e usuarios con diversidade funcional, foi quen de reunir a máis dun centenar de persoas das máis variadas procedencias (empresarial, social, institucional, solidaria, etc). Xa nun eido máis concreto, o encontro serviu para dar conta de produtos e servizos que permiten meirande accesibilidade para os devanditos colectivos, tanto no eido empresarial como no do lecer persoal.
A xuntanza, que se desenvolveu no salón de actos da Facultade de Humanidades, comezou cun acto oficial de apertura no que participaron o presidente da Fundación CEL, Luis García Santalla; o presidente de COGAMI Galicia, Anxo Queiruga Vila; o vicerreitor do campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; o director do Proxecto InnovaTE da Deputación, José Enrique Rodríguez Coello; a concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela González; e a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella.
Segundo informa SITE, pola mañá desenvolvéronse catro relatorios. O primeiro veu da man do subdirector xeral de Promoción da Autonomía Persoal, Modesto Rouco Vilar, quen afondou nos apoios públicos para o deseño de ferramentas accesibles ou que fomenten a accesibilidade. Pola súa parte, Enrique Varela Couceiro, presidente da Fundación Tecnoloxía Social (da que falamos onte en Código Cero), falou en Lugo de O Camiño dos Satélites, unha iniciativa que promove a inclusión tecnolóxica das persoas con diversidade funcional e faino a través dun escenario de primeira liña, o Camiño de Santiago, a percorrer co apoio de audioguías, GPS e roupa e calzado tecnolóxico.
A terapeuta ocupacional de COGAMI, Cristina Novo Díaz, deu unha visión da súa experiencia cotiá cos traballadores con discapacidade da aula de novas tecnoloxías do centro de Fingoi. As dúas charlas que pecharon a xornada de mañá serviron para explicar os proxectos de integración sociolaboral das persoas con discapacidade que están impulsando a Fundación Orange (Proxecto INTIC) e a Fundación Vodafone (Proxecto Inredis). Pola tarde, Manuel Meijide (Fundación Averhó) falou da formación especializada para a mocidade con diversidade funcional, formación que se centra sobre todo nas novas tecnoloxías e no audiovisual. Logo, Gil Barrero Llano, xerente de Sistemas Adaptados para Mobilidade e Independencia e delegado na zona noroeste de BJ Adaptacións, afondou nas solucións integrais que fabrican e/ou distribúen as firmas entre este colectivo.
O sorteo entre o público dun netbook con software adaptado, patrocinado por SCA Informática, clausurou esta primeira xornada do ETIC 2010.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?