Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a novena edición de Mundos Dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a novena edición de Mundos Dixitais

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mundos_dixitais_web.jpgMundos Dixitais, encontro tecnolóxico-audiovisual do que falamos estes días para dar conta da presentación dunha curta galega sobre o Camiño, abre as súas portas hoxe na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña. A primeira xornada de actividades desta novena edición do festival arrinca as 9.30 horas co obxectivo de informar polo miúdo dos achados máis innovadores, a nivel internacional, dos eidos da animación, os efectos especiais, os videoxogos e a arquitectura dixital. No programa de hoxe está prevista a participación de David Taylor, Dan Grover, Kim Bauman e Franz Fischnaller.
A partir das 18.30 horas, por certo, está previsto que a concelleira de Urbanismo da Coruña, Obdulia Taboadela, e mailo xerente da Fundación Caixa Galicia, dirixan a entrega de premios 3DAwards, uns galardóns que, como o seu propio nome indica, van dirixidos a recoñecer o máis salientable do ano no deseño de novas virtualidades en tres dimesións a través do uso da ferramentas dixitais.
Mundos Dixitais ficará coas portas abertas ata o 10 de xullo, e entre outras cousas servirá para dar acubillo aos responsables dos apartados técnicos dalgúns dos produtos máis salientables da construción actual de novas arquitecturas e contornos para a sétima arte, é o caso de Avatar ou Iron Man 2.
Polo que respecta á participación galega, amais da curta sobre o Camiño coa que abrimos este texto, cómpre subliñar que está programado dar acubillo aos membros do equipo de O Apóstolo, a primeira longa en tecnoloxía stop-motion que se fai dende a nosa terra e que ten prevista a estrea oficial o vindeiro 17 de xullo en Santiago de Compostela. Tamén pasarán por Mundos Dixitais os responsables do selo Dygra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?