Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Javier Guerra cualifica a Vindeira Capital Network de “fórmula axeitada para impulsar a economía”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Javier Guerra cualifica a Vindeira Capital Network de “fórmula axeitada para impulsar a economía”

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/07/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cluster_tic_vindeira_capital_risco_javier_guerra.jpgSegue adiante, mesmo fóra de programa, o encontro Vindeira Capital Network que se está a celebrar en Santiago de Compostela e do que falamos onte con todo detalle nesta web. Na xuntanza, que está organizada polo Cluster TIC, a plataforma Vindeira e Gradiant, participan emprendedores TIC da nosa con cadanseu proxecto de negocio (un total de dezaseis), responsables dalgúns dos fondos de investimento máis importantes do eido español (con potencial para impulsar eses proxectos) e profesionais en xeral do ámbito das novas tecnoloxías dixitais. Amais, tamén fixo acto de presenza Javier Guerra, conselleiro de Economía (no centro da imaxe), quen animou aos investidores na primeira xornada de actividades apoiar as iniciativas “serias e viables” que se dan a coñecer ao abeiro da xuntanza.
Segundo sinalou Guerra, a colaboración entre os fondos de capital risco privados, as empresas e as administracións públicas é unha fórmula axeitada para impulsar o avance da economía. Guerra, que tamén destacou a importancia do sector TIC como axente dinamizador dos restantes sectores, quixo pór de manifesto a necesidade de moverse, investindo en iniciativas innovadoras, malia que os á vista dos sinais económicos a idea xeneralizada é a de non facelo.
A xuntanza, que xorde da necesidade de estreitar relacións entre entidades de capital risco de España dentro do sector TIC (e contar así cunha boa rede de co-investidores en potencia), proseguiu hoxe pola mañá coa presentación de oito novos proxectos TIC, catro deles en formato amplo e os restantes en achegas máis breves. A idea do equipo organizador é a de acadar unha xuntanza de longa periodicidade que vaia alén do programa de hoxe e onte, constituíndose as canles de comunicación precisas para que a colaboración e o diálogo sexa constante e mesmo vaian a máis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?