
Con esta actividade profundizarase na figura do Community Manager, necesaria para velar pola reputación en liña de cada empresa, rol para o que é preciso coñecer as últimas ferramentas dispoñibles e estar en constante renovación para adaptarse a un sector moi dinámico no que algúns estiman que é unha das profesións con máis proxección futura grazas á revolución da web 2.0.
A Master Class Profesional terá aforo limitado e para poder asistir haberá que aboar 60 euros antes do 19 de novembro (80 euros despois de tal data), e sería unha actividade dirixida a directores de marketing, directores de comunicación, responsables de contido na Internet, responsables de campañas, new media managers, emprendedores, consultores… todos aqueles que desexen profundizar no manexo de redes sociais en empresas.
Clase maxistral para formar a community managers en A Coruña
Compartir Este Artigo

