
En certo sentido, Praza Pública viría a coller a testemuña de medios xa desaparecidos, como por exemplo Vieiros. O traballo da Navalla Suíza, sinalaron no acto de presentación, serviralles para “competir a nivel de calidade da información e de aproveitamento da tecnoloxía, achegándose potencial de abondo como para pór en marcha algo diferente e seducir á comunidade internauta, tanto pola forma como polo contido”. O acto de posta en longo en Santiago tamén serviu para dar renda solta e materializar unha das arelas principais da proposta: facer que o público (os lectores) fale. Segundo nos conta EGANET, nas diversas intervencións que se escoitaron “abondaron as palabras de ánimo, os parabéns e as preguntas, mais tamén houbo crítica construtiva e ata algunha suxestión, da que os relatores tomaron boa nota”.
En marcha unha nova canle informativa en galego: prazapublica.com
Compartir Este Artigo

