Os usuarios que mercasen (ou vaian mercar) un ordenador con Windows 7 entre o 2 de xuño de 2012 e o 31 de xaneiro de 2013 poderán acceder a un programa promocional de Microsoft co que pode adquirir o Windows 8 Pro por 14,99 euros, estando xa aberto o período de rexistro para acollerse a tal oferta que poderá completarse a partir do 26 de outubro, data na que o novo sistema operativo de Microsoft sairá oficialmente.
Para acceder a está oferta hai que subministrar datos sobre a adquisición do equipo (lugar e data da súa compra e marca e modelo do mesmo) e o código de produto da súa copia de Windows 7, de xeito que unha vez rexistrada tal información recibirase por e-mail (a partir do 26 de outubro) un código promocional con instrucións para a descarga. Os usuarios que non poidan acollerse a esta promoción tampouco terán que realizar un desembolso moi elevado para actualizar o seu Windows, pois durante os seus primeiros meses á venda custará só 29,99 euros.
A actualización a Windows 8 Pro custará 14,99 euros para equipos mercados despois do 2 de xuño
Compartir Este Artigo
