As imaxes captados co iPhone 5 rexistran brillos púrpura preto das fontes de luzAo igual que aconteceu coa polémica da antena do iPhone 4, o iPhone 5 parece estar gafado, e tras as críticas polos nefastos mapas do iOS 6 (que levaron a Tim Cook a desculparse publicamente) e a susceptibilidade ás rabuñaduras das partes de aluminio anodizado do novo móbil (que incluso chega a saír con marcas da caixa tras a súa compra nun importante número de casos), chegan agora comentarios sobre a cámara, que está a rexistrar escintilacións púrpura ao captar imaxes nas que se vexa directamente algunha fonte de luz, e que non son casos illados, senón que segundo o servizo de atención ao cliente de Apple non é un fallo puntual, senón que trataríase do comportamento normal da cámara. Dende Apple limítanse a recomendar afastar a cámara de fontes de luz directa, o que claramente sorprende aos usuarios, pois tal comportamento non se daba en ningún outro móbil de Apple, e afecta moi negativamente a fotografías tomadas en exteriores ou en contraluz, alterando as cores preto das fontes de luz (que poden ser tanto o sol como unha simple lámpada de salón). Aínda non se coñecen as causas deste fallo (¿A lente de zafiro da cámara? ¿O xeito de interpretar o espectro infravermello do sensor?) e se podería corrixirse mediante software, polo que non sorprendería que volvésemos a escoitar detalles sobre o mesmo nas vindeiras semanas.