O iPhone 5 parece ser moi susceptible a raiarse
luns, 24 de setembro do 2012
- As marcas na carcasa do iPhone 5 son máis perceptibles no modelo negro
Parece que tras o lanzamento de cada novo produto de Apple
son moitas as voces que buscan destacar as súas carencias, unhas veces como
crÃtica por parte de seareiros dos produtos doutros fabricantes, e outras como
reivindicación de clientes esixentes, e tras a polémica xurdida polo
deficiente servizo de Apple Maps, agora chega outro detalle que está a dar
moito que falar en poucas horas: as
rabuñaduras que están a amosar os novos terminais móbiles.
Resulta curioso que un móbil que saÃu á venda o pasado venres en varios paÃses
poida amosar xa rabuñaduras de distinto tipo, sen ter recibido ningún golpe,
pois parece que o aluminio anodizado
empregado no iPhone 5 presenta
unha resistencia ás rabuñaduras menor que o aceiro inoxidable empregado no
iPhone 4S, o que parece notarse especialmente no modelo negro. E non parece
que esteamos a falar duns poucos casos sen importancia, senón que nunha enquisa realizada
nos foros de MacRumors un 35,76% dos consultados asegura que o móbil xa
amosaba algunha marca ao saÃr da caixa, e que o 9,62% tiña algunha rabuñadura
ao pouco.
O feito de que o iPhone 5 optase por un tipo de aluminio bañado permÃtelle ter un peso menor que os modelos con carcasa de
aceiro, de xeito que os usuarios que desexen manter o seu móbil como novo
deberÃan optar por empregar unha funda protectora (algo que xa é moi habitual
entre os usuarios dos móbiles de Apple).
- Algúns iPhone 5 chegan a amosar rabuñaduras ao sacalos da súa caixa
A resistencia ás rabuñaduras do iPhone 5 e o iPhone 4S comparada en vÃdeo