A Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais (EGEDA) iniciará nos vindeiros meses Filmotech, unha libraría dixital que pretende xuntar todo o cine español e incorporar no futuro tamén títulos estranxeiros, que partirá cun catálogo de entre 200 e 250 filmes, documentais e series de animación e ficción.
Os interesados poderán descargar os ficheiros audiovisuais cun prezo inferior ó dun aluguer de DVD, segundo declarou Rafael Sánchez, director xerente de EGEDA, e pretenden así evitar que o seu sector sufra a piratería do mesmo xeito que pasou coa música, polo que establecerán unha alternativa viable e asequible na Rede.
Filmotech pretende converterse nun proxecto europeo dentro do programa MEDIA, e conta xa cuns 6.000 títulos contratados cos produtores, agardando unha dixitalización anual de entre 400 e 500 películas.
EGEDA prepara unha tenda de descargas de vídeo
Compartir Este Artigo

