O cuarto operador de telefonía móbil de España, Xfera, presentará o vindeiro 26 de outubro unha nova marca para a súa entrada no mercado, Yoigo.
A decisión do cambio de nome a tomaron os seus principais accionistas, Telia Sonera e ACS, sendo a nova marca unha creación da consultora Saffron, e que pretende crear “marcas intelixentes e vivas”, que conformarán o seu novo logotipo e as súas cores corporativas que coñeceremos nos vindeiros días.
A publicidade do novo operador estará xestionada pola axencia El Laboratorio, xestionando a contratación de espazos publicitarios Optimedia, mentres que Dextra Móviles prestará os servizos loxísticos, o servizo postvenda e a distribución dos seus produtos.
Xfera chamarase Yoigo
Compartir Este Artigo

