A Universidade da Coruña acolle entre hoxe mércores 25 e mañá xoves as Xornadas de Introdución a GNU/Linux, que están organizadas pola propia UDC e máis polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL).
Os encontros formativos, que se están a celebrar na Facultade de Informática –no campus de Elviña- inclúen hoxe mércores sesións teóricas e obradorios a desenvolver entre as 10.30 e as 20.30 horas, cos seguintes bloques temáticos: Unix+Shell, editores libres e familiarización co escritorio GNU/Linux.
No que respecta á segunda xornada, a do xoves, cómpre sinalar que están preparados unha serie de laboratorios para todo o día e nos que se constituirán grupos guiados ós que se lles dará resposta en tódalas dúbidas que poidan ter no que se refire á enfrontarse a un sistema GNU/Linux ou, por extensión, ós programas informáticos desenvolvidos e distribuídos a través da cultura do software libre.
Na web do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux vén completa información sobre estes encontros.
A UDC acolle estes días as Xornadas de Introdución a GNU/Linux
Compartir Este Artigo

