Esta mesma Microsoft anunciou que a súa consola de nova xeración, a Xbox 360, acadou a cantidade de 6 millóns de unidades vendidas en todo o mundo dende o seu lanzamento hai un ano, agardando que ó rematar o ano se chegue ós 10 millóns de consolas vendidas.
Deste xeito a compañía de Redmond xa contaría cun mercado sólido co que afrontar a campaña de Nadal, mentres que as consolas Nintendo Wii e Sony PS3 aínda estarían a captar novos usuarios, o que no caso europeo aínda pinta mellor para Microsoft, xa que a PS3 tardará varios meses en chegar ó Vello Continente.
A Microsoft interésalle especialmente acadar unha boa masa crítica na súa última consola para poder levala a marxes de rendibilidade, xa que polo momento a división de xogos da compañía é claramente deficitaria.
Microsoft xa vendeu 6 millóns de consolas Xbox 360
Compartir Este Artigo

