
Neste espazo radiofónico convidouse á escritora e presentadora de televisión Beatriz Manjón, a compartir coa audiencia os seus primeiros contactos coa informática e a Internet, así como o uso que actualmente fai da tecnoloxía. Completa o programa esta semana o director de Vandal.net, Pablo Grandío, que contará algunha curiosidade sobre Shigeru Miyamoto, galardoado recentemente co Premio Príncipe de Asturias, e tamén adiantará detalles do xogo Grand Theft Auto V.
Hardware libre, Shigeru Miyamoto e Beatriz Manjón mesturaranse no Banda Ancha da Radio Galega
Compartir Este Artigo
