Dende o seu blog
oficial, Capcom confirma que o xogo Street Fighter IV
se poderá ver nas súas versións para Xbox 360 e PS3 durante
a Games Convention de Leipzig que comeza o vindeiro xoves e durará
ata o domingo.
A versión para recreativas do xogo xa está no mercado, pero se agarda que as
entregas para consola sexan máis completas, de xeito que se confirma que
Leipzig será o lugar para facerse unha boa idea do que achegará este título que
tamén contará
con versión para PC.
O Street Fighter IV debutará na Games Convention
Compartir Este Artigo
