A pasada fin de semana foi a estrea en China do iPhone 5, e nesta ocasión, grazas a unha boa planificación para evitar os problemas de anteriores lanzamentos, conseguiron superar os 2 millóns de unidades vendidas, dando lugar a un novo record de vendas no país asiático.
Cando Apple lanzo o iPhone 5 o 21 de setembro en EE.UU. Australia, Canadá, Francia, Alemaña, Hong Kong, Xapón Singapur e Reino Unido vendeu máis de 5 millóns de unidades a primeira fin de semana, polo que entendemos que para superar os volumes actuais chega con ampliar o número de mercados nos que estrear os dispositivos, pois a demanda é dabondo para provocar unhas vendas explosivas que poden seguir medrando sempre que a compañía de Cupertino saiba garantir certo nivel de existencias iniciais.
Apple vende 5 millóns de iPhone 5 durante a súa primeira fin de semana á venda
Compartir Este Artigo
