
A sesión inaugural contou coa presenza de Alfonso Cabaleiro Durán, secretario xeral de Medios; e durante a xuntanza tamén deu a coñecer a súa experiencia a responsable de proxectos e medios sociais da tenda en liña GafaVintage, proxecto que se fixera co galardón á Mellor Campaña Low Cost nos I Premios Galegos de Marketing en Medios Sociais, subliñando a proxección que acadaron grazas ás redes sociais, que permitíronlle incrementar un 30% as vendas, interactuar cos seus clientes para coñecer a aceptacións dos seus produtos, amosar as últimas tendencias, fidelizar aos clientes actuais e mellorar a captación de novos clientes.
A CEG promove o uso de Facebook entre a PEME a través dunha xornada formativa
Compartir Este Artigo
