
A iniciativa, que está a ser definida como unha adaptación ao caso específico do dito concello coruñés de cousas xa feitas como o Google Maps ou o portal Sitga da Xunta, dará acubillo a unha plataforma web con dous tipos de acceso (visor web): público e privado. O xeoportal público amosará datos de tipo xeográfico ante a cidadanía, posibilitando a obtención de coñecemento local de interese. A vertente privada centrarase na xestión do propio servizo web e da achega de información para a consulta de tipo público. Incluirase tamén un Portal da Cidadanía que acubillará a achega de demandas e de actividade social e máis as bases datos dirixidas a inventariar, amosar e xeolocalizar todo o relativo ao patrimonio cultural, paisaxístico e turístico do termo municipal por enteiro.
O Concello de Ribeira achegará 136.000 euros para un servizo en liña de información turística e patrimonial
Compartir Este Artigo
