
O concurso conta con dúas categorías. Por unha banda Emprendes, dirixida a empresas que iniciasen a súa actividade a partir do 1 de xaneiro de 2010 (dotada cun premio económico de 5.000 euros na fase autonómica e de 20.000 na fase estatal) e pola outra Creces, encamiñada a firmas de entre dúas e sete anos de vida, subdividida á súa vez en tres subcategorías (Ciencias da Vida, Industrial e Tecnolóxica). A dotación nesta modalidade é de 50.000 euros, a recibir cada un dos gañadores de cada subcategoría. Os 24 proxectos seleccionados nesta segunda categoría terán ademais dereito a formación especializada e acceso preferente a financiamento. Respecto aos prazos, dicir que o día 21 de abril de 2013 remata o prazo de presentación de candidaturas á categoría Emprende, mentres que o prazo para presentarse á segunda ficará aberto ata o 20 de maio de 2013. Os interesados en participar dende a nosa terra poden obter máis información na páxina dos premios e resolver dúbidas a través do IGAPE, na dirección o correo-e rvr@igape.es ou chamando ao número de teléfono 981 547 226.
Como lembraremos, na pasada edición destes recoñecementos, a galega Menus.es, nacida no viveiro de empresas da Fundación CEL de Lugo, recibiu o Premio Emprendedor XXI na súa edición autonómica, tras presentarse na categoría Emprendes. Menus.es é unha plataforma que ofrece información actualizada diariamente de menús e cupóns de desconto de establecementos de hostalaría xeolocalizados por toda España. Grazas a este recoñecemento a compañía recibiu unha achega de 5.000 euros.
Chegan á súa sétima edición os Premios Emprendedor XXI
Compartir Este Artigo
