
A través deste convenio a Deputación de Ourense poderá obter directamente da ATRIGA toda aquela información de tipo económico precisa para a concesión de subvencións, axudas ou para efectuar todo tipo de contratación con particulares sen requirir tal documentación aos mesmos, o que supón un funcionamento menos burocrático e máis áxil. Por exemplo, o novo mecanismo facilitará que a Deputación de Ourense poida saber se unha entidade está ao corrente dos pagamentos coa Administración autonómica, requisito preciso para concorrer a numerosas axudas e concursos.
A Xunta subministrará telematicamente información dos contribuíntes á Deputación de Ourense
Compartir Este Artigo
