
Dificilmente poderían ter imaxinado naquel momento que o podcast manteríase no tempo, consolidando un equipo habitual (formato por David Serantes, Fernando Vidal Doálvares e Belén Méndez Nacu) e chegando a un programa número 100 que gravarase esta mesma noite, ás 22:30 horas, abrindo este momento á participación do público a través da plataforma Mixlr, de xeito que os seareiros do Podcast de Serantes & Cía poderán chatear en directo cos responsables desta iniciativa moi amena na que abórdase o mundo da tecnoloxía dende puntos de vista diferenciados, o que axuda a facer unha idea do que acontece no sector e das vantaxes que poden ter distintos produtos e servizos analizados.
Agardemos que o podcast continúe activo durante moitos anos máis, pois é un formato que agradecen moitas persoas, e que en poucas ocasións se mantén a longo prazo.
O Podcast de Serantes & Cía grava hoxe ao seu episodio 100
Compartir Este Artigo

