Cando falamos de tecnoloxías de son de alta calidade é doado que veña á nosa memoria o selo Dolby, marca que achegou numerosas innovacións a tal respecto e que a pasada noite deu conta dun triste adeus na súa familia, pois os Dolby Laboratories veñen de dar conta do pasamento do seu fundador, Ray Dolby, quen faleceu aos 80 anos no seu fogar en San Francisco.
Ray Dolby foi un recoñecido innovador no eido do audio, que comezou a súa carreira profesional traballando a tempo parcial para Ampex Corporation (Redwood City, California). Na universidade uniuse ao pequeno grupo de enxeñeiros de Ampex que desenvolvía a primeira gravadora práctica de cinta de vídeo. Tras graduarse en Stanford en 1957 outorgóuselle o Marshall Fellowship da Universidade de Cambridge en Inglaterra. Tras doutorarse en física, traballou 2 anos na India como conselleiro das Nacións Unidas para a Organización Central da Instrumentos Científicos e xa en 1965 regresou a Inglaterra para fundar Dolby Laboratories en Londres, compañía que en 1976 trasladou as súas oficinas a San Francisco.
Dende Dolby Laboratories conseguiuse levar ao fogar tecnoloxía de redución de ruído e nas últimas décadas tivo especial relevancia as súas achegas á industria do cine, que estreouse en 1971 ao incorporar son Dolby ao filme La naranja mecánica, para lanzar posteriormente as populares tecnoloxías Dolby Stereo, Dolby Surround e Dolby Pro Logic, que foron os precedentes da hoxe tan popular Dolby Digital (máis coñecida como AC-3, presente na meirande parte de películas en DVD e Blu-ray).
Ray Dolby falece aos 80 anos de idade
Compartir Este Artigo

