Co gallo do acto que este luns serviu para conmemorar os 20 anos de actividade do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) Código Cero editou un número especial no que facemos un repaso do que é o CESGA; da súa actividade na excelencia, na internacionalización, na colaboración e na transferencia; dalgúns proxectos industriais aos que o Centro contribuíu; dos seus servizos de apoio aos científicos galegos; e de iniciativas como a Rede de Escolas na Nube. Tamén falamos co seu director, Javier García Tobío, para coñecer de primeira man o que supón o CESGA.
O número especial de Código Cero dedicado ao CESGA pode descargase de balde en formato PDF, sendo tamén posible ler os seus contidos a través da web:
Edición especial de Código Cero dedicado aos 20 anos do CESGA
