
A semana pasada xa puidemos ver unha das camisetas deste concurso de busca de talento durante a celebración do cuarto aniversario da LaconNetwork, pois o humorista que conducía a gala, David Perdomo, lucía unha gabándose dos seus coñecementos tecnolóxicos; agora, os que queiran poder facer o mesmo, deberán seguir a IPglobal en Facebook e responder a unha serie de preguntas relativamente doadas no menor tempo posible nun test en liña cunha estética de videoxogo de 8 bits, no que se avaliará o nivel de coñecemento dos participantes e rexistrarase o tempo no que conseguiron responder correctamente todas as preguntas para figurar nun taboleiro do que os 100 primeiros cualificados teñen garantida a recepción dunha camiseta. Esta concurso en liña desenvolverase ata o vindeiro día 25, podendo participar calquera persoa maior de 18 anos que resida en España.
Con esta iniciativa dende IPglobal desenvolven un bo exemplo de acción en redes sociais que serven para captar seareiros, reter clientes e conectar coa audiencia.
IPglobal rétanos a demostrar os nosos coñecementos sobre a Internet
Compartir Este Artigo

