
Segundo informa a organización (a Asociación Galega de Guionistas, AGAG, co apoio da Fundación SGAE), a actividade responde non só a un claro cambio de rumbo do mercado, que demanda cada vez máis este tipo de recursos, senón tamén a un cambio profundo nos nosos hábitos. “A aparición de smartphones e tablets”, explica a asociación, “modificaron as rutinas dos usuarios á hora de empregar as computadoras, deixando estas como unha ferramenta de traballo e situando os dispositivos móbiles no verdadeiro centro dixital tanto profesional como de lecer, que van connosco as 24 horas do día, os 7 días da semana”.
E engaden os organizadores: “O uso das apps nestes dispositivos como alternativa ás páxinas web clásicas e os servizos engadidos que poden ofrecernos como medio de comunicación social, convértenas no escenario ideal para mostrar as nosas creacións e mesmo innovar creando novos produtos que acheguen valor engadido tanto a novos como a vellos proxectos”.
O creador de Infinitoo Studios imparte en Santiago un obradoiro de desenvolvemento de apps
Compartir Este Artigo
