
Entre os proxectos que se van presentar ao longo da xornada figuran o proxecto inLOC para a localización de interiores (aproveitamento de infraestruturas alternativas aos sistemas GPS, para o seu uso en interiores, Wi-Fi principalmente pero tamén Bluetooth Low Energy ou Ultrawideband) ou o proxecto MiaSoft, do que xa temos falado en Código Cero e que consiste nun software integrado para o control e seguimento intelixente do Síndrome de Apneas/Hipopneas do Sono, analizando os sinais monitorizados en pacientes sometidos á polisomnografía nocturna.
Segundo informa a organización do evento, os investigadores do CITIC estarán dispoñibles para solucionar as dúbidas das persoas que estean interesadas nestas ou noutras iniciativas do centro tecnolóxico, presentando liñas de traballo e amosando as demostracións específicas.
A asistencia á xoranda é aberta pero, debido á limitación de aforo, é preciso o rexistro de todos os asistentes enviando un correo ao enderezo info@clusterticgalicia.com antes do martes 1 de xullo.
O CITIC e o Clúster TIC xuntan forzas para amosar o potencial das tecnoloxías intelixentes nos negocios
Compartir Este Artigo
