O Sistema Miasoft do CITIC, a solución para o complicado diagnóstico da síndrome da apnea do sono
venres, 29 de novembro do 2013
- Vicente Moret, investigador do CITIC responsable de Miasoft
Fatiga
permanente, estrés crónico, patoloxías cardíacas, somnolencia
diúrna. Estes son algúns dos síntomas e/ou problemas que pode
implicar a síndrome de apnea do sono, unha doenza que en España
afecta a aproximadamente 3 millóns de persoas e que pode ocasionar a
morte. Pola súa natureza e características, esta síndrome é
dificilmente diagnosticable polo paciente ao manifestarse no proceso
do sono, algo no que as investigacións do CITIC están traballando
para darlle solución. Neste contexto, a creación de Miasoft
por integrantes do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en
Intelixencia Artificial (LIDIA) do CITIC, é o último
desenvolvemento, e está listo para a súa comercialización
inmediata.
Miasoft
é un sistema de monitorización intelixente da síndrome
de apnea
do sono
resultado de máis de quince anos de investigación en Intelixencia
Artificial que analiza os sinais monitorizados
en pacientes sometidos á polisomnografía nocturna, tanto
relacionadas coa función respiratoria do paciente, como co sono
do paciente.
O
sistema Miasoft identifica episodios apneicos durante o sono,
clasificándoos en obstrutivos, centrais ou mixtos, e
establecendo
un diagnóstico global da síndrome no contexto do hipnograma do
paciente. Durante estes episodios e segundo o tipo de apnea, a
persoa afectada
ou sofre unha oclusión das vías respiratorias, ou “esquécese
de respirar”, o que provoca unha diminución do osíxeno en sangue.
Cando este nivel descende a un 95%, dispáranse todas as alarmas e o
individuo responde fisioloxicamente e de formas distintas á
hipoxemia asociada.
Entre
as vantaxes que presenta Miasoft atópase a
súa
total adaptabilidade, xa
que se trata dun
sistema 100% configurable, desde o principio ata o final. En total,
Miasoft inclúe 12 canles de monitorización máis o contexto da
análise. Para o desenvolvemento do seu software empregáronse
diferentes tecnoloxías de lóxica difusa, redes de neuronas e
recoñecemento de patróns.
Listo
para a súa explotación comercial
Segundo
Vicente Moret, Investigador do CITIC responsable de Miasoft, “este
sistema está listo para a súa explotación comercial. Realizamos
análises
exhaustivas
próximas
aos 15.000 minutos en eventos de difícil clasificación para validar
o sistema de xeito meticuloso
e con absoluto rigor, contrastando as súas análises coas
dos expertos médicos e obtendo uns resultados extraordinarios”.
Na
actualidade a versión 1 de Miasoft está rexistrada e segue uns
criterios de uso
e ergonomía que permiten que sexa empregada en calquera unidade de
sono.
“Estamos
a
traballar
na versión 2 de Miasoft, que implica
un traballo máis complexo có
reto da portabilidade, xa que o noso obxectivo é achegar a medicina
ao paciente, podendo desprazar Miasoft ao seu domicilio mediante unha
aplicación que leve daquela os datos -vía telemática, por exemplo-
ata unha unidade centralizada de análise”, engade
Vicente Moret.
Ademais
das vantaxes médicas de Miasoft, hai outros beneficios asociados ao
sistema entre os que se atopa a súa capacidade formativa: a
información facilitada por Miasoft é tan concreta que permite
mostrar aos estudantes a que se deben os diferentes eventos que
recolle o sistema dun xeito sinxelo e cun alto grado de fiabilidade.
Incluso o aforro de custos e tempo é outra das melloras que fornece:
normalmente, tras unha polisomnografía un especialista do sono ten
que dedicar en torno a unhas catro horas a analizar os rexistros,
mentres que con Miasoft simplifícase o diagnóstico e en tan só uns
minutos realízase unha proposta do mesmo.
Segundo
apuntan dende o CITIC, con
Miasoft non só se melloran os recursos hospitalarios, tamén se
obtén un diagnóstico máis rápido e rigoroso do diagnóstico da
síndrome
de apnea
do sono
que afecta aproximadamente ao 85% dos pacientes que sofren algún
tipo de trastorno do sono
e, posiblemente, unha das máis complicadas de diagnosticar.
Axudas do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas: Agrupación Estratéxica CITIC (CN2012/211). Cofinanciado por: