
Lembrar que QRadar é unha solución para a xestión de sucesos e información de seguridade, xestión de rexistros, detección de anomalías, investigación de incidentes e control e manexo da configuración e das vulnerabilidades.
Manuel Lago, director xeral da empresa con sede en Oleiros (A Coruña), salienta ao fío da súa participación no evento de IBM que a filosofía de Emetel “está completamente aliñada cos obxectivos das sociedades que apostan polo cambio”. Asemade, e facendo referencia aos porqués de ter sido elixidos pola multinacional para amosar a tecnoloxía de seu, destaca que “os máis de 20 anos de experiencia de Emetel valéronlle esta distinción por parte da compañía estadounidense, que entende que a empresa ofrece servizos avanzados de detección de ameazas con maior facilidade de uso para os seus clientes e un custo total de propiedade máis accesible”.
Por certo que o lema A New Era of Smart do encontro de IBM diríxese a abordar os novos tempos dos negocios e o seu xeito de funcionar no novo mercado. De aí que amais da seguridade informática, tamén se aborden no devandito encontro temáticas como a computación na nube, a mobilidade, os grandes datos ou analítica, ademais das redes sociais e as solucións intelixentes. IBM contará cun “embaixador referente” de cada segmento que dará a súa visión do mercado actual. O evento será conducido polo alpinista e explorador Jesús Calleja e por Diego Segre, vicepresidente de IBM Software para España, Portugal, Grecia e Israel.
Emetel, elixida por IBM como empresa referente no eido da seguridade
Compartir Este Artigo
