Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O youtuber coruñés Wismichu trunfa na Internet, nos teatros e na televisión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O youtuber coruñés Wismichu trunfa na Internet, nos teatros e na televisión

Marcus Fernández
Publicado: 29/10/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

land_rober_img_1898.jpgO cambio de hábitos de consumo audiovisual entre a mocidade é algo cada vez máis evidente, e a súa fuxida das grellas televisivas e a aposta polo vídeo baixo demanda a través da Internet crea auténticos fenómenos como os youtubers, celebridades na Rede que cada vez teñen unha maior presencia ao noso redor, conseguindo trasladar o seu éxito na Rede a iniciativas máis tradicionais, como estes días demostrou o coruñés Ismael Prego, Wismichu, que aos seus 22 anos que acumula 3,3 millóns de subscritores en YouTube (cantidade que resulta abraiante se temos en conta que, cando participou na Hobbycon de 2013 apenas tiña 300.000 subscritores e xa era toda unha estrela da web a nivel español) e conseguiu un cheo completo o pasado domingo en tres sesións dun espectáculo de stand-up comedy no Teatro Colón da Coruña no que estaba acompañado polo youtuber AuronPlay.
land_rober_img_1665_detalle-2.jpgPero a nivel galego, o fenómeno desta figura na Internet foi moi visible a pasada noite, xa que acudiu en calidade de convidado ao programa Land Rober Tunai Show da Televisión de Galicia, ao que tamén acudían convidados os actores Fernando Tato e María Mera. Así, mentres os incondicionais da Galega prestaban unha grande atención aos protagonistas de O Faro, na Internet un impresionante número de seareiros de Wismichu estaban pendentes do que ía acontecer na canle de televisión autonómica, pese a que a meirande parte destes espectadores estaban ao outro lado do Atlántico, polo que apenas comprendían o que se estaba a dicir no espazo televisivo en galego.
akfq7u5fqoyb5guosgm4x3er3qrsro3ddmywuqi8pptb.jpgO responsable das redes sociais do programa televisivo, Javier Mosquera, confirmounos que xa no cancelo #LandRober25 triplicárase a actividade con respecto ao cancelo da semana anterior (chegando a 3.765 chíos e preto de 8 millóns de impresións cunha audiencia potencial de 1,9 millóns de tuiteiros), notándose un grande incremento de mensaxes dende América Latina. Incluso a nivel galego o cancelo #LandRober25 conseguiu arrasar en toda a nosa comunidade autonómona, chegando a converterse en Trending Topic a nivel español, competindo con espazos televisivo de ámbito estatal, deixando claro o pulo que tiña a presenza do célebre youtuber.
land_rober_img_1913.jpgNa súa retransmisións tradicional o Land Rober Tunai Show conseguiu unha cota de pantalla dun 13,2% e unha audiencia media de 132.000 espectadores, manténdose como o segundo programa máis visto en Galicia, pero non había discusión de que na Internet era o que estaba a trunfar, e non foron poucos os que, tras a emisión do programa, recorreron á páxina web da CRTVG para poder recuperar os 23 minutos que durou a participación de Wismichu no Land Rober. Confírmanse así as palabras de Javier Mosquera, quen comentou que “invitar a un influencer nas redes sociais a un programa de televisión non incrementa significativamente as métricas dos audímetros, pero triplica o traballo de comunicación en tempo real na Rede”, engadindo que “se volve Wismichu, séntoo ao meu carón a currar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?