Na carreira por gañar usuarios os servizos na nube ofrece cada vez máis funcionalidades e capacidade, o que a primeira vista pode parecer unha grande vantaxe, pero pode rematar sendo un grande atranco, xa que en caso de que o servizo mude de condicións ou bote o peche complícase enormemente migrar a unha alternativa, e agora podería comezar as suspicacias cun dos servizos que foi referente hai anos e que agora parece estar case esquecido, Flickr, xa que o que fora o sistema de almacenamento e para compartir imaxes máis popular da web tivo que renovarse hai uns anos ofrecendo de paso 1 TB de almacenamento de balde, o que non conseguiu facerlle recuperar o seu pulo, polo que agora vemos un pequeno cambio de estratexia que pode molestar extraordinariamente aos que decidiran daquela pasar a empregar o servizo: para animar aos usuarios a subscribir o seu plan premium, decidiron que a aplicación de escritorio que facilita a subida automática de fotografías ao servizo pasa a ser unha ferramenta exclusiva para usuarios de Flickr Pro, ou sexa, para quen pague 49,99 dólares/ano (aínda que durante os vindeiros 14 días ofrecen un desconto do 30%).
Estamos ante o que podería considerarse toda unha traizón aos usuarios, xa que tras captalos ofrecendo unhas condicións de balde, mudouse unha prestación que para os usuarios máis activos resulta esencial, de xeito que de querer facer un uso intensión de Flickr resulta case forzoso subscribir Flickr Pro, o que posiblemente leve a moitos usuarios a abandonar definitivamente Flickr e optar por servizos de balde máis completos para os usuarios de balde como Google Fotos.
Lembremos que a compañía dona de Flickr, Yahoo, está a pasar por unha complicada situación económica, estando incluso a aberta a ofertas de compra, de aí que a confianza nos seus servizos é cada vez máis dubidosa, dando a impresión de que a única das súas liñas de negocio que podería manterse a longo prazo sería o correo electrónico de balde (que continúa a ser un dos servizos deste tipo máis empregados a nivel mundial).
Os usuarios de balde de Flickr non poderán usar a aplicación de subida automática de imaxes
Compartir Este Artigo
