Dende LeakedSource deron conta esta semana da filtración das credenciais de máis de 100 millóns de usuarios de VK.com, e agora volven á carga cunha listaxe de 32.888.300 rexistros de Twitter que conteñen enderezo de correo electrónico, nome de usuario e contrasinal, que está a ofrecerse a través da Dark Web, e que parece ser verídica, aínda que ao parecer non suporía que conseguiron vulnerar a seguridade de Twitter, senón que o que acontecería realmente é que os afectados terían sido infectados por un malware que remitiría os contrasinais de páxinas web almacenados en navegadores web como Chrome ou Firefox.
Para chegar a esta conclusión dende LeakedSource aseguran que moitas das contas de usuario son recentes (polo que Twitter tería cifrado o seu contrasinal dun xeito seguro) e un bo número de contrasinais aparecerían na listaxe como “
ACTUALIZACIÓN (10-6-2016): Twitter confirma que a filtración de credenciais do seu servizo non son consecuencia dunha intrusión e lembra a necesidade de realizar prácticas seguras cos sistemas informáticos.
Filtran preto de 33 millóns de credenciais de usuarios de Twitter
Compartir Este Artigo
