Un informe de Encoding.com aseguraba que o uso de Flash caeu ata o 6% en 2015, estimándose que para o ano que vén o uso de Flash para a reprodución de vídeo desaparecería por completo e, de feito, as principais plataformas de publicidade en liña deixarán de aceptar publicidade en Flash a partires do vindeiro día 30, desactivando completamente o soporte de Flash a partires do vindeiro xaneiro, polo que os contidos en Flash vense destinados a desaparecer, e os propios navegadores web tamén están a rexeitar esta tecnoloxía paulatinamente, e un dos navegadores que vén de dar as costas a Flash e a outros engadidos é o Safari 10 que chegará con macOS Sierra, que chegará con Adobe Flash, Java, Silverlight e QuickTime desactivados de xeito predeterminado, para centrarse no contido en HTML5 e conseguir así unha mellor experiencia de navegación pola web.
Este bloqueo de tecnoloxías consideradas obsoletas, inseguras e pouco eficientes busca en boa medida concienciar aos responsables das páxinas web que aínda fan uso de tecnoloxías que dependen de engadidos para o navegador, de xeito que entenderán a necesidade de adaptar os seus espazos na web tanto para poder correr en dispositivos móbiles como en navegadores web de escritorio modernos.
Dado que hai usuarios que precisarán de certos engadidos nos navegadores, Safari 10 tamén incluirá a opción de activalos, permitindo incluso elixir os contidos que poderán reproducirse mediante a tecnoloxía externa, pero estamos ante unha medida temporal, pois está claro que as tecnoloxías web obsoletas tenderán á súa completa erradicación.
O navegador web de macOS Sierra chegará co Flash desactivado
Compartir Este Artigo
