Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica adquire SHADOW, ferramenta de seguridade documental desenvolvida en Gradiant
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica adquire SHADOW, ferramenta de seguridade documental desenvolvida en Gradiant

Redacción
Publicado: 07/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica_shadow.jpgO fundador de ElevenPaths, Chema Alonso, vén de anunciar durante o Security Innovation Day 2016, evento celebrado por Telefónica en Madrid, a compra da solución de seguridade e trazabilidade documental SHADOW, adquisición consecuencia do recente acordo de colaboración entre Gradiant, o Centro Tecnolóxico TIC de Galicia e ElevenPahts (división de seguridade de Telefónica a nivel mundial). Ambas partes aseguran que isto só é o comezo dunha longa historia de éxitos mutuos.
SHADOW é unha ferramenta automática, nacida ao abeiro de Gradiant, que permite a trazabilidade de documentos mediante o uso de técnicas de marcas de auga dixitais. Proporciona evidencias no caso de que se produzan fugas de información confidencial, axudando á identificación dos responsables da infracción. Converte cada copia dun documento en única grazas á inserción de marcas de auga non perceptibles. Deste xeito, consegue que cada copia sexa singular e, ao mesmo tempo, practicamente idéntica ao documento orixinal. A información oculta (e que permite identificar o propietario ou receptor do documento) é resistente a numerosas distorsións, como as que se producen no proceso de impresión e escaneado de documentos. SHADOW é integrable en aplicacións de terceiros de forma rápida, tanto en aplicacións stand-alone como cliente/servidor.
gradiant_shadow.jpgFunciona como un elemento disuasorio ante fugas de información: é ideal para ocultar información sobre a orixe e destino de documentos confidenciais, permitindo identificar os responsables no caso de que se produza unha fuga de información, unha vez os documentos atópanse fose da área de confianza para o que foron creados.
Proporciona unha clasificación automática dos documentos escaneados: engadindo información sobre os contidos dos documentos pódese realizar unha clasificación automática cando estes documentos son escaneados e a marca é extraída. Desta forma facilítase o arquivado de documentos tras o escaneo.
shadow.jpgÉ unha solución software, 100% compatible con calquera impresora e escáner. Garante a trazabilidad en documentos de texto, tanto en formato dixital como impreso. A información asociada á marca de auga é configurable, podéndose vincular esta a o propietario do documento, ao seu receptor ou á data de impresión do documento. Para proceder a recuperar esa información non é necesario dispoñer do documento orixinal. Ademais, SHADOW é resistente a distorsións, impresión e escaneado, e é capaz de recuperar toda a información escondida, mesmo a partir de documentos incompletos, rotos, engurrados ou manchados.
Está dispoñible a través de tres produtos: SHADOW FILES (plataforma web), SHADOW PRINT (controlador virtual de impresión para Windows), SHADOW READER (ferramenta de extracción das marcas de auga) e SHADOW MOBILE (aplicación para iOS e Android que permite a extracción das marcas de auga).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?