Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As galegas EGATEL e Avansig amosan no CITIC os seus avances en tecnoloxías para a seguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As galegas EGATEL e Avansig amosan no CITIC os seus avances en tecnoloxías para a seguridade

Redacción
Publicado: 03/11/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

img_6471.jpgAlgunhas das empresas galegas máis senlleiras do panorama tecnolóxico estarán estes días no CITIC da Coruña, nas cuartas Xornadas sobre Seguridade, Defensa e Tecnoloxías Matemáticas, amosando os seus desenvolvementos no camiño de achegar, pola vía da innovación, novos sistemas destinados a protexer persoas, bens ou datos de posibles ataques, riscos ou ameazas. Empresas como por exemplo a coruñesa Avansig, da que falamos onte en Código Cero salientando a presentación de Drone Service, ou como a ourensá EGATEL, que amosará os seus máis recentes avances en sistemas de comunicación alternativos.
img_6508.jpgAs xornadas, como lembraremos, desenvólvese ata este venres da man do ITMATI, o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN), a Universidade da Coruña e por suposto o CITIC (UDC). O seu obxectivo é expoñer ante empresas, entidades e cidadanía o importante nicho de actividade que constitúe a confluencia entre novas tecnoloxías, matemáticas e seguridade.
Segundo informa a organización do evento, EGATEL amosará na cita importantes detalles sobre o seu sistema de comunicación alternativo baseado nas matemáticas. Este sistema é, nas súas palabras, “especialmente robusto fronte a interferencias e ataques”. Ademais, a primeira xornada terá como atractivo engadido a posibilidade de ver in situ unha demostración de voo de drons en espazos interiores da man da empresa Avansig (ás 13:25 no DroneLab do Edificio CITIC 2).
Obxectivos das xornadas
img_6440.jpgO evento, máis en detalle, “ten a vocación de servir como punto de encontro entre empresas e organismos relacionados coa vixilancia e a defensa, e os científicos matemáticos que poden ofrecerlles solucións”, explica Peregrina Quintela, directora de ITMATI, unha das entidades impulsoras do evento, xunto co CITIC, para quen é “moi importante” xuntar forzas para dar formar a recursos que “garantan a seguridade”, non só en aeroportos, estacións e instalacións, senón tamén, en redes de transmisión e contornas da nube, na protección de información (Big Data), e mesmo en vehículos autónomos; “o que pode ser vital para a protección”. Segundo apunta Manuel F. González, coordinador do Centro de Investigación en TIC, as tecnoloxías da computación terán no futuro unha gran relevancia á hora de permitir enfrontarnos da mellor maneira posible aos devanditos desafíos de seguridade e protección.
Todos estes temas serán tratados ao longo catorce relatorios, entre as que salienta o encargado de abrir programa, no que Antonio Juan González García, xefe do Programa SCOMBA (Sistemas de Combate da Armada) da Xefatura de Apoio Loxístico da Armada, falará sobre os plans de I+D de Defensa nos que poden participar as universidades. Ademais, contará detalles do programa que dirixe: un sistema de combate que unifica as necesidades de mando e control a nivel táctico de todos os buques da Armada.
Outra das empresas que vai intervir nos relatorios é Prosegur, facendo fincapé na seguridade referente ao intercambio e almacenamento de información na nube e, tamén, na importancia de tomarmos medidas preventivas, dende as empresas, para evitar fallos de protección fronte a ameazas. Segundo avanza Eduvigis Ortíz, de Prosegur, “existe a inxenua crenza de que os provedores de servizos na nube son totalmente responsables da seguridade dos seus clientes, o que fai que as empresas e organizacións non tomen medidas para evitar roubos de información”. Na súa opinión, “débese asumir que se produciu un cambio de escenario que esixe unha nova forma de abordar a salvagarda de datos”. E as cifras respecto diso, sinala, falan por si soas: “O 60 por cento das empresas que para 2018 habiliten ferramentas de visibilidade e control terán un terzo menos de fallos de seguridade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?