O pasado verán Instagram afiou os coitelos estreando as súas historias, unha funcionalidade claramente inspirada en Snapchat, que non só está conseguindo facerlle sombra, senón que promete superar sobradamente ao servizo orixinal coa súa última actualización, na que incorporaron a funcionalidade de Boomerang, mencións e ligazóns.
Deste xeito, cando queiramos publicar en Instagram contido efémero (as historias só están dispoñibles durante 24 horas) xa non haberá que limitarse a fotografías e vídeos que poden adornarse con debuxos, textos e adhesivos, senón que agora tamén poden incluír bucles de vídeo que se reproducen para diante e para atrás buscando ser graciosos (os chamados Boomerang); permítese citar a outro usuario escribindo o seu nome de usuario (recibindo unha notificación a persoa mencionada en historias alleas) para que calquera poida premer sobre el e así visitar o seu perfil se o considera oportuno; e a posibilidade de que as contas verificadas poidan incluír ligazóns ás que levarán ao seus seareiros se premen no texto de ver máis que aparece na parte inferior de pantalla, o que, por exemplo, o actor Dwayne Johnson está a empregar para facilitar a compra de entradas para o seu último filme.
Instagram mellora as súas historias permitindo vídeos Boomerang, mencións e ligazóns
Compartir Este Artigo
