O programa Land Rober Tunai Show vén de estrea nova páxina web, visible xa en landrobertvg.gal. Os responsables do espazo da CRTVG fixeron fincapé en achegar unha proposta máis interactiva e en subir novos chanzos en cuestión de estética, buscando o máis óptimo equilibrio entre ámbolos puntos: deseño e usabilidade. Segundo engadiron, con esta nova proposta en liña “a audiencia poderá gozar dos mellores momentos do espazo e atopará seccións que lle permitirán converterse en protagonista do espazo”. Por certo que o sitio remodelado posibilitará aos espectadores inscribirse para asistir como público “ou mesmo para participar en directo no programa”.
A web do espazo que presenta Roberto Vilar tamén salienta polo seu formato de deseño all-in-one page, ou sexa, “todo nunha páxina”, un tipo de proposta dixital coa que se procura facilitar ao máximo a navegación, “de xeito que o usuario só ten que facer scroll para ver todas as seccións do sitio”, sinalaron os responsables do espazo televisivo.
O programa Land Rober estrea web
Compartir Este Artigo

