A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos lanza nova web

venres, 27 de febreiro do 2026 S. P.

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, no marco da súa aposta constante pola modernización e a divulgación, anunciou este mes de febreiro a actualización integral da súa páxina web oficial.
A través do enderezo, os usuarios teñen á súa disposición un espazo totalmente renovado cuxa estrutura foi deseñada para facilitar o acceso á información de valor, explicaron fontes da asociación, engadindo que “o novo portal organízase en seccións fundamentais que reflicten as principais áreas de actividade da asociación”.
Así, conta cun espazo dedicado a recompilar as últimas noticias do sector, un apartado específico para consultar as xornadas de formación e divulgación, e unha área destinada á investigación científica, onde se expoñen os avances técnicos e biolóxicos máis relevantes.
A plataforma complétase cunha sección exclusiva de cociña e receitas, pensada para achegar o produto ao consumidor final e poñer en valor as infinitas posibilidades gastronómicas da castaña nos nosos fogares.