A Aula CeMIT de Betanzos comeza o novo ano con formación tecnolóxica para a cidadanía
luns, 29 de decembro do 2025
A Aula CeMIT do Concello de Betanzos (Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia) vai comezar o ano con dúas actividades formativas dirixidas a fomentar a capacitación tecnolóxica da veciñanza.
Os días 14, 16, 19, 21, 23 e 26 de xaneiro celebrarase o curso Iniciación á informática dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.
O 30 de xaneiro celebrarase o exame Exame de teleformación EMA dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h. Á hora de entrada ao exame é ás 09:00 horas.
Dende o Concello lembran que a Rede CeMIT da Xunta configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega, e amais “ten o obxectivo de potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información”.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.
