A CEP e APROEMA achegan un ciclo de obradoiros de dixitalización para empresas ambientais

martes, 3 de marzo do 2026 S. P.

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) organiza estes meses de marzo e abril varias xornadas de transformación tecnolóxica que poñen o foco nos camiños diferentes (e complementarios) da dixitalización empresarial nos sectores ambientais. Serán desenvolvidos en colaboración co APROEMA e desenvolveranse en formato híbrido, en sede física e tamén online.
O ciclo de talleres dixitais comeza este 3 de marzo pola mañá con Sensores avanzados para valoración e produtos e procesos (a partir das 10 no 104 da avenida García Barbón de Vigo).
O ciclo proseguirá o martes 17 co obradoiro Trazabilidade e transparencia na xestión ambiental: aplicacións prácticas de blockchain, a partir das 10.00 horas na sede da CEP.
O martes 31 de marzo será a quenda do obradoiro Tecnoloxías inmersivas e automatización para optimizar procesos ambientais. Arrincará ás 10 horas e tocará cuestións como a realidade aumentada e virtual e a robótica aplicadas ás prácticas de protección e salvagarda ambiental. Nesta xornada poderemos descubrir como as tecnoloxías inmersivas e a automatización están revolucionando o reciclaxe e a valorización de recursos.
O 14 de abril está previsto o obradoiro Obradoiro sostible e análise de datos para unha xestión máis eficiente, ás 10 horas na sede da CEP, e o 28 de abril desenvolverase Claves para financiar a innovación ambiental: axudas incentivos e oportunidades, ás 10.00 horas na sede da CEP.