A CSAG presenta a súa nova estratexia comercial
xoves, 26 de febreiro do 2026
Televisión de Galicia reuniu o sector publicitario e as principais marcas do paÃs para dar a coñecer a súa nova estratexia comercial, nun acto celebrado en Santiago de Compostela que congregou preto de 200 representantes de axencias e anunciantes.
Baixo o lema mellor á galega, a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) presentou un plan de renovación co que culmina o proceso de transformación dixital da Televisión de Galicia. A iniciativa aposta por reforzar a conexión emocional co público e por integrar marcas e contidos nun ecosistema multiplataforma plenamente consolidado.
Os medios públicos galegos operan xa a través das súas plataformas AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e XabarÃn.gal, o que fai necesaria unha polÃtica comercial global e coherente, sen renunciar á identidade propia. «Os anuncios na Galega duran para sempre, asà que mellor á galega», sinala a campaña, que pon o foco na permanencia e na capacidade de xerar memoria colectiva.
A Corporación non só actualiza a súa tecnoloxÃa e a súa grella, senón que tamén procura unha relación máis colaborativa co sector comercial, ampliando e revalorizando a oferta publicitaria con novos formatos e solucións adaptadas ás demandas actuais do mercado.
Na súa intervención, a directora xeral da CSAG, Concha Pombo, destacou que «a nova identidade multiplataforma da Corporación, adaptada ao actual contexto audiovisual, obrÃganos a apostar por un enfoque máis innovador e transversal. É fundamental poñer en valor o talento e a calidade dos nosos contidos como unha ferramenta eficaz de prescrición para os nosos anunciantes».
O vÃdeo de presentación contou coa participación de algúns dos rostros máis recoñecidos da canle, que evocaron momentos emblemáticos dos 40 anos de historia da Corporación e animaron marcas e anunciantes a apostar por anunciarse «mellor á galega». A campaña apela ao sentimento de pertenza, á memoria compartida e á perdurabilidade dos contidos máis representativos dos medios públicos galegos.
Nos vindeiros dÃas, unha acción de publicidade exterior difundirá frases mÃticas da Galega, tanto de anuncios como da súa programación, que forman parte xa do imaxinario colectivo de Galicia.
