A Cámara de Santiago achega formación tecnolóxica para fomentar o emprendemento e a empregabilidade
mércores, 25 de marzo do 2026
Consciente da importancia da promoción do emprendemento e as vocacións empresariais para o incremento da base empresarial, a Cámara de Comercio de Santiago puxo en marcha unha serie de actividades formativas tecnolóxicas dirixidas a persoas inactivas, desempregadas ou en mellora de emprego que conten cunha idea ou proxecto de negocio e necesiten apoio en aspectos clave da xestión empresarial.
Estas actuacións enmárcanse dentro dos Programas España Emprende e Emprendedoras, que a Cámara compostelá desenvolve en colaboración coa Cámara de Comercio de España. Estes programas contan co co-financiamento do Fondo Social Europeo dentro do perÃodo de programación 2021-2027, polo que a participación nos itinerarios formativas será gratuÃta para todos os participantes.
Ademais, o alumnado contará cunha bolsa de transporte de 3€ por dÃa lectivo, a condición de que cumpran cos requisitos de participación fixados na convocatoria.
Itinerario formativo
O itinerario componse de doce accións formativas, cunha duración de 30 e 60 horas, centradas en materias como Marketing e Vendas para o emprendemento; Ferramentas informáticas aplicadas ao emprendemento; Intelixencia artificial para o teu negocio; Intelixencia artificial e seguridade nos negocios, Comercio electrónico e negocios online para o emprendemento e Xestión de equipos de traballo no sector da restauración.
A acción que abre a itinerario, Intelixencia artificial e seguridade nos negocios, comezará o sete de abril, co obxectivo de comprender, aplicar e aproveitar a intelixencia artificial na contorna empresarial, garantindo ao mesmo tempo un uso seguro, ético e responsable da tecnoloxÃa, e protexendo a información e os procesos do negocio.
As persoas interesadas poden consultar o programa formativo e formalizar as inscricións a través da páxina web da entidade.
