A Comisión Europea avanza na investigación polas prácticas anti-competitivas da App Store
martes, 28 de febreiro do 2023
En 2019 Spotify
denunciou ante a Comisión Europea as prácticas anti-competitivas de Apple
polas comisións que impón a Spotify, que Apple Music non ten que satisfacer, o
que levou a que en
2021 a Comisión asegurase que vÃan un abuso de posición dominante por parte de
Apple nas aplicacións musicais na App Store, e agora a
Comisión Europea remitiu a Apple unha declaración de obxeccións para que Apple
poida clarexar as preocupacións da Comisión sobre as normas da App Store
relativas aos provedores de música en streaming.
A Comisión Europea considera que Apple vulnera a competencia ao impor a súa
tecnoloxÃa de pagamentos aos creadores de aplicacións de streaming musical (coa
comisión correspondente) e impiden que os desenvolvedores poidan informar aos
usuarios de métodos alternativos de subscrición sen pasar pola App Store.
A Comisión xa determinou nos seus informes preliminares que prohibición de
Apple de impedir que as aplicacións para iOS informen de métodos de pagamento alternativos
á App Store supón unha violación da lexislación europea, xa que esta medida non
é necesaria nin proporcional, e prexudica claramente ao usuario, quen remata
tendo que pagar máis polo servizo por culpa das comisións.
Polo momento non hai unha previsión do remate desta investigación da Comisión,
pero cada vez resulta máis evidente que Apple terá que enfrontarse a
importantes sancións e mudar a súa polÃtica actual da App Store, para favorecer
a competencia.
