A Comisión Europea entende que a App Store atenta á competencia no streaming musical
venres, 30 de abril do 2021
En marzo de 2019 Spotify
presentou denuncia ante a Comisión Europea polas prácticas anticompetitivas de
Apple, ao que dende Apple responderon ignorando o fondo das acusacións e asegurando
que Spotify busca beneficiarse da App Store sen compensar a Apple por esta
plataforma, situación que levou a que a
Comisión Europea anunciase en xuño de 2020 o inicio dunha investigación por
prácticas anticompetitivas da que por fin hai resultados: a Comisión Europea
informou
a Apple de que ven un abuso de posición dominante nas aplicacións musicais na
App Store.
A Comisión Europea non considera xusto que Apple obrigue que as aplicacións
para iOS teñan só poidan integrar compras a través da App Store (das que Apple
leva comisións que poderÃan considerarse abusivas) e tampouco facilite que as
aplicacións informen de métodos de pagamento alternativos de xeito explÃcito,
prexudicando asà tanto as servizos coma aos consumidores.
Margrethe Vestager destacou que o grande problema está en que Apple controla as
aplicacións dispoñibles para iPhone e iPad a través da App Store, e ao lanzar o
servizo de Apple Music pasou a competir con outras aplicacións de streaming ás
que cóbralles elevadas comisións que o seu propio servizo non ten que soportar,
o que dá lugar a un escenario que atenta á competencia.
A Comisión Europea comunica a Apple que atopou problemas especialmente con 2
elementos que afectan ás aplicacións de streaming musical: a obriga de utilizar
a plataforma de pagamentos de Apple (con comisións do 30%) de querer pagar
directamente dende a aplicación; e as restricións para que as aplicacións
informen de sistemas de pagamento alternativos.
Actualmente Spotify ofrece subscricións individuais por 9,99 euros/mes que, de
pagarse a través da aplicación para iOS teñen que subir a 12,99 euros/mes para
afrontar as comisións impostas por Apple, situación que poderÃa entenderse
sempre que no momento do pagamento a aplicación móbil puidese incluÃr unha
opción alternativa que remitise á súa páxina web para poder beneficiarse do
prezo sen as comisións da App Store, algo que Apple prohibe expresamente, o que
as autoridades da competencia consideran que dana claramente a competencia.
Queda agora por ver se Apple mudará as súas prácticas, e as sancións que a
Comisión Europea establecerá por un abuso de posición dominante que semella
bastante claro.