A Coruña volve convocar á comunidade tecnolóxica na segunda edición do Lareira Conf
venres, 20 de marzo do 2026
Ata mañá A Coruña acolle a segunda edición do Lareira Conf 2026, un encontro para os integrantes do mundo tecnolóxico galego. Cómpre engadir que desta volta o Lareira Conf amplÃa o seu programa cunha novidade, o apartado A previa!.
Indo ao miolo desta xuntanza, dicir que ao longo de dous dÃas, profesionais, estudantes e comunidades tecnolóxicas reuniranse para compartir coñecemento, experiencias e novas ideas nun ambiente próximo. O programa contará con relatorios de perfÃs moi salientables do sector: MiduDev, Nerea LuÃs, Almudena Barreiro, Borja Pérez, Cristina G. Aradas, Nacho Márquez, Eva González, Brais Calvo, Diego Mariño, Pilar Vila, Antonio Fernandes ou Samuel Jiménez, que achegarán a súa experiencia en eidos que van desde a programación e a análise de datos, ata a intelixencia artificial, pasando pola ciberseguridade ou o desenvolvemento de produto.
Alén destas conferencias, Lareira Conf quere seguir a mesma esencia que na súa primeira edición: crear un espazo onde a tecnoloxÃa se viva desde a proximidade, a conversa e a conexión real entre asistentes, relatoras e comunidades.
