A Deputación da Coruña sinala ao MUDITEL como exemplo de memoria tecnolóxica
xoves, 26 de febreiro do 2026
Onte, mércores 25 de febreiro, visitaban o Museo Didáctico das Telecomunicacións (MUDITEL) o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, a deputada de Cultura, Natividade González, e a deputada e voceira do grupo provincial do BNG Avia Veira, onde puideron descubrir o labor de conservación e divulgación do patrimonio tecnolóxico que desenvolve esta entidade.
Indo á visita, subliñar que percorreron as instalacións do museo canda o seu presidente, Félix RodrÃguez Fernández, e un dos membros fundadores, Ernesto López Naveiras. Con eles abordaron o funcionamento do espazo e o traballo que realiza na recuperación e posta en valor da evolución das telecomunicacións. O museo conserva e exhibe equipamentos históricos plenamente operativos, reproducindo o funcionamento real das antigas instalacións telefónicas.
O Museo Didáctico das Telecomunicacións (MUDITEL) vén sendo beneficiario, nos últimos anos, da liña de subvencións convocadas polo departamento de Cultura provincial dirixida a entidades sen fins de lucro para a mellora de equipamentos e a adecuación de instalacións, axudas coas que a entidade reforza a súa actividade divulgativa e garante a conservación do material expositivo.
Para Xosé Regueira,«a aposta da Deputación pola cultura e pola divulgación cientÃfica é estratéxica e reflÃctese en proxectos coma o do MUDITEL». «Este espazo», salienta, «constitúe un exemplo de como a memoria tecnolóxica pode converterse nun recurso educativo e turÃstico de primeiro nivel».
Natividade González destacou a adecuación das instalacións do museo coma «un paso máis para abrir o museo a novos públicos, mellorar a experiencia das persoas visitantes e fortalecer a capacidade pedagóxica do museo». «Desde a área de Cultura apostamos por este proxecto porque democratiza o acceso á historia das telecomunicacións e dignifica o esforzo de quen mantivo conectada a nosa provincia durante décadas», afirmou.
Segundo Avia Veira, o MUDITEL «é exemplo de como a autoorganización e o compromiso social poden salvar pezas históricas que, doutro xeito, acabarÃan no esquecemento». «Para a Deputación», afondou, «é prioritario que os recursos públicos sirvan para fortalecer o tecido asociativo e cultural da cidade, asegurando que proxectos tan singulares como este, con forte compoñente social e educativo, conten coas infraestruturas modernas e seguras que merecen».
O Museo Didáctico das Telecomunicacións naceu no ano 2000 grazas ao esforzo e a paixón dun grupo de xubilados de Telefónica, que decidiron recuperar e restaurar equipos que estaban destinados ao despezamento. O que comezou como unha iniciativa para preservar a memoria industrial transformouse nunha colección única en España, xestionada pola asociación sen ánimo de lucro de amigos do museo.
O MUDITEL recibe alumnado de centros educativos, profesionais do ámbito das Telecomunicacións e público xeral interesado na historia tecnolóxica recente. O espazo achega un percorrido de carácter didáctico pola evolución das comunicacións, dende as primeiras comunicacións por sinais ata a era dixital. A súa importancia reside no seu carácter interactivo e operativo. A diferenza doutros museos onde as pezas son puramente contemplativas, en MUDITEL gran parte das centrais e aparellos funcionan perfectamente. Os visitantes poden ver en directo como operaban as centrais de conmutación manual (as das telefonistas), as automáticas de tipo paso a paso ou as rotativas, permitindo comprender a complexidade técnica que permitiu conectar o mundo durante o século XX.
