A FIFA volve aos videoxogos... para móbiles
mércores, 17 de decembro do 2025
Coincidindo coa celebración do Mundial de Fútbol de 2026, a Netflix estreará en exclusiva un novo xogo de simulación de fútbol baixo o selo da FIFA dentro de Netflix Games, desenvolvido e publicado por Delphi Interactive. Trátase dunha reinterpretación da franquÃa pensada para dispositivos móbiles, accesible para todos os abonados e concibida como unha experiencia rápida de aprender, atractiva de dominar e aberta tanto ao xogo individual como ao multixogador en liña.
O lanzamento está previsto para o verán de 2026, e permitirá vivir a emoción e o dramatismo do Mundial nun formato máis inmediato e accesible, no que abondará cunha subscrición a Netflix e un teléfono móbil para xogar.
Segundo explicou Alain Tascan, presidente de Games en Netflix, «o Mundial de Fútbol vai ser o gran evento cultural de 2026, e agora os afeccionados poderán celebrar esa paixón levando o xogo directamente ás súas casas». Tascan engadiu que o obxectivo é «devolver o fútbol ás súas raÃces cunha proposta que calquera poida xogar cun simple toque dun botón».
Desde FIFA, o seu presidente Gianni Infantino salientou o carácter estratéxico do acordo. «FIFA está moi ilusionada por colaborar con Netflix Games e Delphi Interactive antes do Mundial de 2026. Esta alianza é un fito clave no noso compromiso coa innovación no ámbito dos videoxogos de fútbol e aspira a chegar a miles de millóns de afeccionados de todas as idades en todo o mundo», afirmou. Infantino cualificou o proxecto como «o inicio dunha nova era do fútbol dixital» e subliñou que o xogo estará dispoñible de balde para os membros de Netflix.
Pola súa banda, Casper Daugaard, fundador e director executivo de Delphi Interactive, destacou a dimensión global do reto. «O fútbol é o máis grande do mundo. Como seguidores de toda a vida de FIFA, é unha honra contribuÃr a abrir unha nova etapa e a reimaxinar o futuro da franquÃa», sinalou. O presidente da compañÃa, Andy Kleinman, engadiu que o equipo está a traballar «nun xogo á altura do deporte máis popular do planeta, pensado para que calquera persoa, en calquera lugar, poida coller o mando e sentir de inmediato a maxia do fútbol».
Lembremos que os xogos de fútbol baixo a marca FIFA eran responsabilidade de EA Sports dende 1993, pero Electronic Arts decidiu emprender un camiño en solitario en 2023 con EA Sports FIFA 23, o que deixou á FIFA fóra do mercado dos videoxogos, e aÃnda que en 2024 pecharon un acordo de colaboración con Konami, finalmente parece que será Netflix quen conseguirá dar algo de visibilidade ao que poderÃa considerarse como un dos meirandes fracasos estratéxicos na xestión dunha marca deportiva.
